WSE CHAMPIONS LEAGUE | Sorteo da Fase de Grupos 23/24

WSE CHAMPIONS LEAGUE | Sorteo da Fase de Grupos 23/24

6 de novembro de 2023


O Deportivo Liceo queda encadrado no Grupo A xunto a Barcelona, Barcelos e Forte dei Marmi.

Juan Copa e os seus xogadores xa coñecen a folla de ruta da WSE Champions League 23/24. Tralo sorteo realizado na tarde de hoxe por World Skate Europe, o Deportivo Liceo quedou encadrado na terceira posición do Grupo A xunto a Barcelona (España), OC Barcelos (Portugal) e Forte dei Marmi (Italia).

Esta Fase Regular comezará o 30 de novembro e constará dun total de seis xornadas que se alongarán ata o 29 de febreiro de 2024. Clasificaranse os dous primeiros posicionados de cada Grupo.

Unha vez superada a Fase Regular, xogaranse as eliminatorias de Cuartos de Final a dobre partido. Unha Final 4 en sede única (todavía por determinar) coronará ó campión desta edición.

O calendario do Deportivo Liceo é o seguinte, con horarios aínda por determinar:

  • XORNADA 1 | Barcelona vs. DEPORTIVO LICEO (30 de novembro)
  • XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO vs. Barcelos (14 de decembro)
  • XORNADA 3 | Forte dei Marmi vs. DEPORTIVO LICEO (11 de xaneiro)
  • XORNADA 4 | DEPORTIVO LICEO vs. Forte dei Marmi (25 de xaneiro)
  • XORNADA 5 | Barcelos vs. DEPORTIVO LICEO (8 de febreiro)
  • XORNADA 6 | DEPORTIVO LICEO vs. Barcelona (29 de febreiro)

Deixa un comentario