Visita ó Jolaseta para continuar a boa dinámica na OK Prata

Visita ó Jolaseta para continuar a boa dinámica na OK Prata

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Nova fin de semana e novo compromiso. A OK Prata non se detén para o filial dirixido por Sergio Huelves, que este sábado deberá visitar ó Jolaseta (19:00h). Unha oportunidade para seguir sumando de tres e escalar postos no Grupo Norte.

O conxunto liceísta viaxará coa moral reforzada despois de saír vitorioso de todo un derbi coruñés. O triunfo fronte ó Compañía de María na pasada xornada (7-4) foi útil para acumular 24 unidades e un quinto posto dentro da igualadísima OK Prata desta tempada. Catro escadras teñen esa puntuación, pero a diferencia de goles permite ó Liceo superar ós seus tres rivais.

O Deportivo Liceo procurará sumar o seu segundo triunfo seguido tralo logrado fronte ó Compañía de María (7-4).

O Jolaseta buscará evitar que Sergio Huelves e os seus sumen outra vitoria. Non viven nunhas circunstancias moi favorables: penúltimos da táboa con 15 puntos. O choque será o penúltimo do mes de marzo, que rematará cunha visita do UDC Rochapea ó Agra.

Deixa un comentario