Visita e apoio do presidente da Deputación de A Coruña

Visita e apoio do presidente da Deputación de A Coruña

O presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso, foi protagonista dunha visita ó primeiro plantel e á directiva do Deportivo Liceo no Pazo dos Deportes de Riazor. Fíxoo acompañado de Cristina Capellán, deputada de Deportes.

Ambos ofreceron o apoio da institución en vista á organización da Copa do Rei e da Raíña de hockey sobre patíns, que se celebrarán en A Coruña do 10 ó 13 de xuño. O acto coincidirá co 50 aniversario do Pazo, anfitrión do torneo por cuarta vez.

González Formoso tamén quixo poñer en valor a traxectoria do Liceo, ó que calificou como “un auténtico embaixador da cidade e da provincia de A Coruña”. O ano pasado, a Deputación apoiou a actividade do club con 80.000 euros. Como mostra de agradecemento, Dava Torres, capitán do equipo, obsequiou ó presidente da institución cunha camiseta asinada por tódolos integrantes do plantel.

Deixa un comentario