Visita á AD Barberá del Vallés

A expedición do Deportivo Liceo aproveitou a súa estancia destes días en Cataluña para xuntarse co conxunto de hockey adaptado.

A estancia competitiva do Deportivo Liceo en Cataluña non só serviu para disputar a Champions e a OK Liga. Tamén para atoparse de novo con vellos amigos. Hoxe sábado a expedición verdibranca xuntouse coa AD Barberá del Vallés, equipo de hockey adaptado que cedeu a súa pista para o adestramento matinal.

Ademáis, a ADB permitiunos realizar o saque de honra do seu partido do mediodía.

A relación co conxunto catalán vén de longo. Non é a primeira vez que o Deportivo Liceo visita á ADB, xa que a última tamén serviu para realizar unha sesión inclusiva de preparación. Meses despois dese evento, o equipo estivo presente na Copa do Rei 2021 que rematou co entorchado coruñés.

Imaxe: MÓNICA ARCAY.

 

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Moitas grazas, compañeiros, por demostrar día a día os valores do deporte!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario