Imaxe: MÓNICA ARCAY.
Como vén sendo habitual nos últimos veráns, o Deportivo Liceo disputará en Portugal os seus primeiros amistosos de preparación para a tempada. Actualmente están confirmados tres partidos para os días 18, 19 e 20 deste mes de agosto.
O primeiro, a disputar este xoves, será un choque de nivel ante o FC Porto (21:00h, hora española) na pista do conxunto branquiazul. O do venres será ante o Oliveirense (19:00h, hora española) e o do sábado ante a AD Valongo (18:00h, hora española), tamén nos recintos de ambos.
Tras iso a preparación regresará a Riazor o xoves 25 de agosto, cando o Deportivo Liceo xogará novamente contra a AD Valongo. O seguinte sábado 27 terá lugar a presentación oficial ante a afección verdibranca, con rival e horario por definir.