#TodoÓVerde: Campaña de Socios 21/22:

#TodoÓVerde: Campaña de Socios 21/22:

O Deportivo Liceo comeza a dar os seus primeiros pasos hacia a tempada 21/22, e para iso quere contar co máximo apoio da afección. Foi chave na consecución da recente Copa do Rei e igual ocorrerá na nosa nova loita contra todo e contra todos, que terá o obxectivo innegociable de aumentar a gloria do club.

Nun ano que por fortuna promete menos dificultades sanitarias, os liceístas que desexen converterse en socios poderán facelo polas mesmas vías da pasada tempada. O día de volver a ver un Pazo dos Deportes rebosante está cada vez máis cerca.

Para logralo, o club inicia desde este momento e ata o xoves 1 de xullo (incluido) un PRIMER PERÍODO de adquisición de pases con prezos reducidos. Haberá un número de 1.000 DISPOÑIBLES.

Existirán tres posibilidades, con importes correspondentes a esta etapa inicial:

  • SOCIO INDIVIDUAL: Prezo de 30€. Unha vez superado o 1 de xullo, será de 40€.
  • SOCIO FAMILIAR: Válido para un número de 4 SOCIOS integrantes da mesma familia. Prezo de 60€. Unha vez superado o 1 de xullo, será de 80€. Deberanse facilitar os datos de tódolos membros do pase.
  • SOCIO PROTECTOR: Válido para un número de 6 SOCIOS, sexan ou non da mesma familia. Prezo de 150€. Unha vez superado o 1 de xullo, será de 200€. Deberanse facilitar os datos de todos, tal e como ocorre no Familiar.

Podes unirte ó Liceo a través da seguinte ligazón de CLUBER:

https://app.cluber.es/clubes/3321d9a0849a495c3354668fcb2f377de0af1694/alta/socios

Os pases permitirán o acceso ós partidos de tódolos equipos do club, e polo tanto a tódalas competicións que disputen. A entidade levará a cabo dous Días do Socio: un na OK Liga e outro na Champions.

Séguenos nunha nova batalla e desfruta do mellor hockey do mundo. Lembra: #TodoÓVerde.

2 comentarios en “#TodoÓVerde: Campaña de Socios 21/22:”

Deixa una resposta a Hockey Deportivo Liceo Cancelar a resposta