¡Súmate ó Liceo na loita pola Copa!

¡Súmate ó Liceo na loita pola Copa!

Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).

O Deportivo Liceo pon a disposición do público xeral unha remesa de entradas válidas para as dúas finais da Copa 2021. Están á venda desde este mesmo momento.

Por un prezo de 15 €, o interesado poderá presenciar o partido entre o Manlleu e o Palau (11:00h) e o que enfrontará ó DEPORTIVO LICEO contra o gañador da segunda semifinal (Reus ou Barcelona, 13:15h).

O proceso, de carácter online, deberase levar a cabo mediante a seguinte ligazón de Cluber:

http://bit.ly/entradas-final-copa

¡Únete á afección liceísta para que a Copa quede na casa!

Deixa un comentario