O sorteo da Liga Europea terá lugar o 12 de setembro

O Deportivo Liceo coñecerá a mediados do próximo mes a súa folla de ruta na competición continental.

Imaxe: Manu Boutureira.

Unha vez coñecido o calendario da próxima OK Liga, o Deportivo Liceo terá máis clara a súa folla de ruta o día 12 de setembro. É a data indicada para a realización do sorteo da Liga Europea, competición continental na que o equipo de Juan Copa terá novamente un papel protagonista.

O sorteo, a celebrar en Lisboa, incluirá a 16 equipos. Serán RHC Diessbach, Genève RHC (ambos de Suiza), Herringen (Alemania), La Vendeenne, Saint-Omer, US Coutras RH (franceses), Bassano (Italia), Benfica, Porto, Oliveirense, Sporting CP, OC Barcelos (portugueses), Barcelona, Reus Deportiu, Noia e Liceo (España).

A Liga Europea, que todavía non conta con data de inicio, ofrecerá máis novedades nos próximos días.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario