Samaná, Tex45, Mayaipa e Soho Café Coruña continuarán como Amigos de Ouro do Liceo

As marcas reafirman o seu compromiso co club, ó que xa apoiaron no pasado.

O Deportivo Liceo ten a gran sorte de contar co vital apoio de múltiples compañeiros, e catro deles reafirmaron hoxe o seu compromiso.

Samaná, Tex45 Producións, MayaipaSoho Café Coruña continuarán como Amigos de Ouro do club, que desexa agradecerlles públicamente os seus folgos. Estiveron aí no pasado, están no presente e tamén estarán no futuro a pesar dos complicados tempos que nos tocou vivir.

Como facerse Amigo de Ouro?

Todo aquel que desexe unirse á Familia Liceísta como Amigo de Ouro deberá contactar con gerencia@hockeyclubliceo.com. A través deste método de comunicación, o persoal do club iniciará os trámites para unir sendos camiños.

A condición de Amigo de Ouro proporciona varias vantaxes ó usuario:

  • Dez entradas por partido.
  • Un carnet acreditativo da condición Socio de Ouro.
  • Visibilidade da empresa no sitio web da entidade, hockeyclubliceo.com.
  • Publicidade nas Redes Sociais oficiais do Deportivo Liceo (Twitter, Facebook e Instagram).

Únete á Familia do Deportivo Liceo! Camiñemos xuntos nesta ilusionante tempada!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario