Roger Font ameaza ao DeportivoLiceo

Roger Font ameaza ao DeportivoLiceo

A pesar de que os seus números non son importantes no que vai de tempada -unha vitoria, un empate e catro derrotas- o certo é que o Vic chegará a Riazor (domingo, 12horas) no seu mellor momento do ano despois de haber sumando a súa primeira vitoria na xornada anterior (2-1) ante o Lloret e tras arrincar un empate (1-1) na pista do Voltrega. Dous resultados que parecen confirmar a melloría dunha escuadra que arrincou a OkLiga con catro derrotas consecutivas e que ten en Roger Font ao seu xogador máis en forma.

O defensa, de 21 anos, logrou ata a data 6 dos 10 tantos que conseguiu o rival do DeportivoLiceo esta tempada, uno rexistro que, sen dúbida, convérteno na gran ameaza e o xogador a controlar por parte do equipo que dirixe Juan Copa que, lonxe de ter en conta a clasificación do Vic, seguro que terán en mente que a tempada pasada os cataláns xa foron capaces de vencer no pavillón de Riazor.

Despois de gozar de tres días de descanso, o cadro herculino volveu adestrar onte e farao tamén na xornada de hoxe, o venres e o sábado para preparar un choque no que o preparador liceísta espera contar con todo o persoal, a pesar das pequenas molestias que aínda arrastra Roberto Dei Benedetto.

A moral moi alta
Pola súa banda, Roger Font non esconde que o seu equipo chega ao choque “coa moral moi alta despois de puntuar nos dous últimos partidos”, e fala do DeportivoLiceo como un conxunto “moi renovado, que fichou moi ben e que está nunha boa dinâmica”.

Á hora de falar dos perigos de conxunto de Juan Copa, o máximo goleador do Vic párase en que “teremos diante un equipo moi ofensivo e un partido moi complicado no que deberemos estar moi concentrados para poder sacar algo”.
Sobre a súa boa serie goleadora, Font recoñece que o míster me está dando moita confianza e iso provoca que as cousas me estean saíndo ben, espero que poida mantela moitos partidos”,

Deixa un comentario