16 de xaneiro de 2025
O benfiquista Gonçalo Pinto nun adestramento previo ó choque. Imaxe: SL BENFICA.
Galegos e portugueses atoparanse de novo tralo seu empate sen goles en Riazor. Esta vez será en Lisboa.
Mesmos rivais unha semana despois de empatar sen goles. Con diferente escenario. O segundo duelo en sete días entre Deportivo Liceo e Benfica pasa á pista do Pavilhão Fidelidade, un recinto que acollerá a sexta xornada de Fase de Grupos. Segue a acción da máxima competición europea, inmersa xa na recta final do seu sector inicial.
O partido, a xogar o xoves 16 ás 21:00h de España e 20:00h de Portugal, estará retransmitido en directo e de balde por europe.worldskate.tv; ademáis de dirixido polos árbitros italianos Francesco Stallone e Marco Rondina.
Últimas probas da Fase
Un complicado encontro que aparece ante un Liceo dentro de prácticamente a súa mesma situación da semana pasada: cuarto clasificado do Grupo B. É a última posición que ofrece o pase ós Cuartos de Final (ós que lle seguirá unha Final Four). Son seis puntos sumados debido ó rexistro dun triunfo, tres empates e unha derrota. A tres unidades atópase o Dinan Quévert, primeiro potencial eliminado de pecharse así a Fase; mentres que a última praza é do Valongo con só unha.
O Deportivo Liceo chega a Portugal tras vencer o pasado domingo na pista do Voltregà
A clasificación completa con cinco datas disputadas, a metade, é a seguinte:
- 1º | BENFICA | 13 puntos
- 2º | TRISSINO | 10 puntos
- 3º | OLIVEIRENSE | 8 puntos
- 4º | DEPORTIVO LICEO | 6 puntos
- 5º | DINAN QUÉVERT | 3 puntos
- 6º | AD VALONGO | 1 puntos
A folla de ruta percorrida e por percorrer para os de Copa é a seguinte:
- XORNADA 1 | Trissino vs. DEPORTIVO LICEO | 21 de novembro | 5-2
- XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO vs. Oliveirense | 28 de novembro | 1-1
- XORNADA 3 | Dinan Quévert vs. DEPORTIVO LICEO | 5 de decembro | 1-6
- XORNADA 4 | AD Valongo vs. DEPORTIVO LICEO | 12 de decembro | 3-3
- XORNADA 5 | DEPORTIVO LICEO vs. Benfica | 9 de xaneiro | 0-0
- XORNADA 6 | Benfica vs. DEPORTIVO LICEO (16 de xaneiro)
- XORNADA 7 | DEPORTIVO LICEO vs. AD Valongo (30 de xaneiro)
- XORNADA 8 | DEPORTIVO LICEO vs. Dinan Quévert (6 de febreiro)
- XORNADA 9 | Oliveirense vs. DEPORTIVO LICEO (20 de febreiro)
- XORNADA 10 | DEPORTIVO LICEO vs. Trissino (27 de febreiro)
Nove xogadores para un maratón de dous partidos
Juan Copa e os seus xogadores atópanse xa en terras portuguesas, aínda que entre eles seguen sen estar Pablo Cancela e Tato Ferruccio polas súas respectivas lesións. É unha lista de nove homes que loitarán en Lisboa para posteriormente facelo en Alcoi noutra xornada de OK Liga (sábado 18, 19:30h).
O Liceo deberá xogar en Alcoi só dous días despois desta proba en Lisboa (sábado, 19:30h).
A convocatoria está formada polos seguintes Liceístas:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
- Arnau Xaus | 3 | 14 goles en OK Liga e 1 en Champions, máximo anotador do Liceo
- César Carballeira | 5 | 8 goles en OK Liga e 4 en Champions
- Jacobo Copa | 7 | 3 goles en OK Liga
- Dava Torres | Capitán, 8 | 6 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Fabri Ciocale | 9 | 3 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Bruno Saavedra | 13 | 3 goles en OK Liga e 2 en Champions
Reencontro coa potencia lusa
O equipo de Edu Castro cedeu puntos por primeira vez na súa visita a Galicia da quinta data europea. Un empate sen goles que detivo a súa racha triunfante na WSE Champions League, onde ata o momento contaba os partidos por vitorias. Segue sendo sen embargo o dominador do Grupo B grazas ó seu bo facer.



Un que tamén se nota no Campionato Placard doméstico, no que se presenta como gran candidato a vencer. Igualmente na Taça, precisamente o seu único precedente antes de recibir na Luz ó Liceo: venceu contundentemente por 4-10 na casa do Acobacense.
O Benfica tratará de vencer ós verdibrancos cos seguintes xogadores, dos cales deberá haber dous descartes:
- Pedro Henriques | Porteiro, dorsal 1
- Bernardo Mendes | Porteiro, 12
- Zé Miranda | 3 | 5 goles en Liga e 2 en Champions
- Diogo Rafael | Capitán, 4 | 3 goles en Liga e 1 en Champions
- Martim Costa | 5
- Viti | 7
- Pau Bargalló | 8 | 13 goles en Liga e 3 en Champions
- Lucas Ordóñez | 9 | 10 goles en Liga e 3 en Champions
- Nil Roca | 24 | 4 goles en Liga e 4 en Champions
- Roberto Di Benedetto | 68 | 6 goles en Liga e 2 en Champions
- Gonçalo Pinto | 71 | 4 goles en Liga e 2 en Champions
- João Rodrigues | 79 | 14 goles en Liga e 2 en Champions

