10 de xaneiro de 2023
O Deportivo Liceo de Juan Copa visitará a pista do Forte dei Marmi co obxectivo de estrear o casilleiro europeo.
A fin do parón de Nadal ofreceu a volta da OK Liga e agora o da WSE Champions League. A Fase de Grupos da competición europea por excelencia todavía conta con máis da metade das súas xornadas por disputar, e a terceira delas levará ó Deportivo Liceo a terras italianas. Alí, no PalaForte, esperará este xoves (20:45h) o Forte dei Marmi.
O choque ante o actual líder transalpino poderase presenciar en directo vía streaming grazas a europe.worldskate.tv. Estará dirixido polos colexiados portugueses Miguel Guilherme e Teófilo Casimiro.
Convocatoria de dez para xogar en Italia
Tal e como ocorreu o pasado domingo en Sant Sadurní, Juan Copa poderá contar cunha lista completa de xogadores para afrontar esta nova proba continental. Volve a formar parte dela o capitán Dava Torres, que regresou á competición no Ateneu (e incluso anotando un gol).
Dava Torres formará parte da lista de convocados, tal e como ocurreu no choque do pasado domingo ante o Noia
A única baixa do plantel será a de Bruno Saavedra, todavía en pleno proceso de recuperación da súa lesión de escafoides. Os integrantes da expedición serán os seguintes:
- Martí Serra | Porteiro, dorsal 10
- Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
- Sito Ricart | 2 | 4 goles en OK Liga e un en Champions
- Tomás Pereira | 4 | 4 goles en OK Liga e un en Champions
- César Carballeira | 5 | 13 goles en OK Liga, máximo anotador do Liceo
- Dava Torres | Capitán, 8 | 7 goles en OK Liga e un en Champions
- Fabri Ciocale | 9 | 4 goles (OK Liga)
- Fran Torres | 44 | 1 gol (OK Liga)
- Guido Pellizzari | 54
- Pablo Cancela | 74 | 7 goles en OK Liga e un en Champions
Co primeiro triunfo como meta
Preséntase ante o Liceo unha nova oportunidade para estrear o seu casilleiro europeo. O conxunto verdibranco non comezou esta Fase de Grupos do mellor xeito: colleitou unha derrota no Palau Blaugrana do Barcelona (8-2) e outra en Riazor ante o OC Barcelos (2-4).
A clasificación actual nomea ó propio Barça como líder provisional con seis puntos, os mesmos que o equipo luso pero con mellor diferenza de goles. Todavía non se estrearon os dous contrincantes deste xoves.
A folla de ruta percorrida e por percorrer por parte do Deportivo Liceo é a seguinte:
- XORNADA 1 | Barcelona vs. DEPORTIVO LICEO | 8-2
- XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO vs. Barcelos | 2-4
- XORNADA 3 | Forte dei Marmi vs. DEPORTIVO LICEO (11 de xaneiro)
- XORNADA 4 | DEPORTIVO LICEO vs. Forte dei Marmi (25 de xaneiro)
- XORNADA 5 | Barcelos vs. DEPORTIVO LICEO (8 de febreiro)
- XORNADA 6 | DEPORTIVO LICEO vs. Barcelona (29 de febreiro)


Un Forte dominador no seu país
O rival liceísta non será sinxelo, como non o é ningún dos participantes da WSE Champions League. Espera no seu PalaForte o Forte dei Marmi dirixido pola lenda Alessandro Bertolucci, actual líder da Serie A1. Unha competición italiana que dominan tanto eles como o Trissino, tamén membro desta edición.
Os transalpinos suman 13 triunfos e unha derrota no seu campionato coa destacada cifra de 84 goles a favor (exactamente seis por partido). Uns números que distan dos logrados en Champions, onde todavía non puntuaron.
O plantel do Forte é o seguinte, así como as súas cifras de tantos anotados:
- Riccardo Gnata | Porteiro, dorsal 22
- Mattia Taiti | Porteiro, 35
- Federico Ambrosio | 5 | 33 goles na Serie A1 e un en Champions
- Pedro Gil | 9 | 11 goles (Serie A1)
- Elia Cinquini | 26 | 3 goles (Serie A1)
- Joan Galbas | 55 | 2 goles (Serie A1)
- Francesco Rossi | 57 | 6 goles (Serie A1)
- Francesco ‘Checco’ Compagno | 77 | 13 goles (Serie A1)
- Fran Ipiñazar | 87 | 6 goles (Serie A1)
- Enric Torner | 99 | 10 goles na Serie A1 e un en Champions