PREVIA OK LIGA FEM (X26) | Final feliz do camiño

PREVIA OK LIGA FEM (X26) | Final feliz do camiño

O ano remata ó grande. O Deportivo Liceo finalizará a OK Liga Feminina 21/22 recibindo ó Vila-sana, actual líder da competición que todavía loita por refrendar esa condición (sábado 28, 20:00h). O Pazo dos Deportes de Riazor vivirá o colofón dun curso de gran éxito verdibranco.

Stanis García e as súas xogadoras terminarán sen nada en xogo en canto ó clasificatorio. Sumaron 44 puntos ata o de agora, útiles para permanecer nunha boa sexta posición por detrás dos trasatlánticos da categoría. Todo iso resultado dunha segunda volta de gran nivel, con moitos triunfos incluidos contra eses equipos.

A loita característica do Liceo, entre as mencionadas consecuencias ou unhas semifinais de Copa da Raíña, fai que afronte este partido despois de vencer in extremis na pista do Igualada.

Lista de convocadas

Para este último partido, o técnico contará coas seguintes xogadoras: Viki Caretta, Mencía Mosquera, Alejandra Martín, Naiara Vaamonde, Bea Gaete, María Sanjurjo, Alba Garrote, Luchy Paz, Adriana Soto e Cris Diz.

Terceiro encontro do ano contra o Vila-sana

A diferenza do Deportivo Liceo, o Vila-sana si saltará á pista con cousas en xogo. Empezará o partido como líder, aínda que deberá gañar para asegurarse a condición e evitar cedela ó Telecable. Ambos equipos suman 65 puntos.

Será a terceira vez que ambos equipos se atopen. A primeira rematou cunha derrota axustada do Liceo (2-0) e a segunda co heroico pase a semifinais de Copa por parte das muchachas de Stanis García.

Información sobre entradas e escenarios posibles

O primeiro deles está novamente destinado ós abonados beneficiarios do convenio co Real Club Deportivo. Haberá 500 pases dispoñibles sen máis custo que o tempo adicado á xestión, a realizar mediante a seguinte ligazón de Cluber:

Na chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo. Serán indispensables para poder acceder.

Por outra parte, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas dispoñibles a un prezo de 5 euros cada unha. Adquiriranse de xeito online mediante outro enlace de Cluber:

Liceístas, agardámosvos en Riazor para despedir o curso!

Deixa un comentario