PREVIA #OKLiga 24/25 (X26) | Fin da Fase Regular

PREVIA #OKLiga 24/25 (X26) | Fin da Fase Regular

3 de maio de 2025


Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

O Deportivo Liceo recibirá ó Voltregà en Riazor co obxectivo de prepararse para os playoffs polo título (domingo 4, 12:00h).

O partido número 26 desta Fase Regular é inminente e iso só pode significar unha cousa: a cercanía dos playoffs polo título. A OK Liga poñerá este domingo en Riazor (12:00h) un punto e aparte para todos, entre eles un Deportivo Liceo que todavía debe recibir ó Voltregà no Pazo dos Deportes. Sen xa nada que xogarse clasificatoriamente falando, o encontro servirá para que os de Juan Copa fagan comuñón con todos os Liceístas presentes neste tramo decisivo do curso.

A xornada, novamente unificada, estará dirixida en Riazor polos árbitros Jonathan Sánchez García e Luis Mier Sánchez. Francisco José Martínez Suárez será o seu auxiliar.

O último antes dos playoffs

A segunda praza é unha realidade para o Deportivo Liceo desde fai varias semanas. Os seus 55 puntos froito de 18 vitorias, 6 derrotas e un empate aseguran matemáticamente unha posición que dá o factor pista nos playoffs, como mínimo, ata a final.

O Liceo xogará nos Cuartos de Final dos playoffs contra o que acabe sétimo: Lleida, Noia ou Calafell

O rival nos Cuartos de Final será o que acabe como sétimo, unha praza a disputar nesta última xornada por ata tres contendentes: o Lleida (actual poseedor), o Noia ou o Calafell. Un deles será o que, a partir da fin de semana do 17 de maio, se enfrontará ós de Juan Copa ó mellor de tres por un posto nas semifinais.

Todos dispoñibles e un descarte

Juan Copa contará co mesmo bendito problema da semana pasada: ter a todo o seu plantel dispoñible. Iso significa que debe realizar un descarte, que neste caso será Bruno Saavedra. Tato Ferruccio, que non saltou á pista no duelo recente ante o Reus, volverá á lista.

Así as cousas, os dez xogadores que loitarán por sumar os tres puntos serán os seguintes:

  • Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
  • Arnau Xaus | 3 | 21 goles en OK Liga
  • César Carballeira | 5 | 12 goles en OK Liga
  • Jacobo Copa | 7 | 7 goles en OK Liga
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 9 goles en OK Liga
  • Fabri Ciocale | 9 | 9 goles en OK Liga
  • Pablo Cancela | 74
  • Tato Ferruccio | 77 | 3 goles en OK Liga

Un Voltregà salvado a última hora

Non foi a mellor tempada dos de Sant Hipòlit, aínda que a súa boa racha das últimas semanas evitou que tivera un final cruel. O fantasma do descenso xa está definitivamente lonxe para o Voltregà, que acudirá a Riazor a tres puntos da queima pero cos golaveraxes a favor.

O exliceísta Àlex Rodríguez é o pichichi da competición a falta desta última xornada

Actualmente o conxunto de Ferran López é noveno con 28 unidades resultado de 7 vitorias, 7 empates e 11 derrotas. Todo cunhas filas de gran presenza exliceísta: Àlex Rodríguez (pichichi da OK Liga), Jordi Burgaya ou Arnau Canal.

Os homes que viaxarán a Riazor serán os seguintes:

  • Miki Estrada | Porteiro, dorsal 1
  • Oriol Codony | Porteiro, 96
  • Èric Vargas | Capitán, 3 | 7 goles en OK Liga
  • Jordi Burgaya | 7 | 11 goles en OK Liga
  • Xavi Armengol | 8
  • Aleix Molas | 9 | 4 goles en OK Liga
  • Humbert Serra | 11 | 4 goles en OK Liga
  • Gerard Teixidó | 21 | 7 goles en OK Liga
  • Àlex Rodríguez | 27 | 29 goles en OK Liga
  • Arnau Canal | 49 | 11 goles en OK Liga

Deixa un comentario