PREVIA OK LIGA 23/24 (X10) | A Riazor a por un necesario triunfo

PREVIA OK LIGA 23/24 (X10) | A Riazor a por un necesario triunfo

2 de decembro de 2023


O Deportivo Liceo, co esperado debut de Guido Pellizzari, recibirá o domingo ó Reus (12:00h) e buscará regresar á senda da vitoria.

As derrotas recentes no Palau Blaugrana quedan no pasado e dan camiño a unha nova proba. Oportunidade con enerxías renovadas para o Deportivo Liceo de Juan Copa, encantado de recibir a esperada convocatoria de Guido Pellizzari. A nova fichaxe verdibranca debutará o domingo ás 12:00h contra o Reus Deportiu, que visitará o Pazo dos Deportes de Riazor.

O partido, correspondente á décima xornada regular da OK Liga, estará arbitrado por Miguel Díaz Cosme e Pablo Nicieza Elosegui. Ivonne Copoví Trallero será a colexiada auxiliar dun choque que retransmitirá en directo e de balde OK Liga TV da man de Hockey Global.

Guido súmase á loita

A vitoria será innegociable para un Deportivo Liceo que actualmente ocupa a cuarta posición da OK Liga. Son 15 puntos, os mesmos que o Calafell, estando ambos por detrás do Sant Just, o Noia e o Barcelona.

Dava Torres causa baixa de última hora. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Como se apuntou anteriormente, Juan Copa por fin poderá contar coa súa nova incorporación: Guido Pellizzari, aterrizado fai varias semanas desde o Saint-Omer francés.

Permitida xa a inscripción debido ás ventás designadas pola normativa, o xogador arxentino sumarase á convocatoria para completar unha de dez. Será a seguinte:

  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
  • Sito Ricart | 2 | 3 goles en OK Liga
  • Tomás Pereira | 4 | 3 goles en OK Liga e un en WSE Champions League
  • César Carballeira | 5 | 12 goles en OK Liga, actual pichichi do Deportivo Liceo
  • Fabri Ciocale | 9 | 4 goles en OK Liga
  • Fran Torres | 44 | 1 gol en OK Liga
  • Guido Pellizzari | 54
  • Pablo Cancela | 74 | 7 goles en OK Liga
  • Jaime Méndez | 78

Bruno Saavedra, todavía aqueixado da súa lesión de escafoides, aínda deberá afrontar varias semanas de recuperación. Sen embargo, o dorsal 13 liceísta xa se atopa en disposición de saír a pista, avanzando así nos prazos da mesma. Dava Torres, por engadido, causará baixa por unha lesión de última hora.

Un Reus que tamén loita pola gloria europea

Falar do Reus Deportiu é facelo sobre un dos equipos insignia do hockey nacional. Actual sexto da OK Liga con 14 puntos, os cataláns buscarán volver a sumar de tres fóra de casa (acumulan un triunfo, dous empates e unha derrota en Barcelona). Aterrizarán en Galicia tras vencer pola mínima como locais ó Sant Just, a gran revelación da tempada.

Non gozaron de tanta sorte este xoves no seu debut europeo. Inmerso na Fase de Grupos da WSE Champions League, o Reus foi derrotado polo Sporting de Portugal (2-5). Unha factura clasificatoria e física que, como no caso do Liceo, deberá superar.

Jordi García dalle indicacións ó seu plantel no Reus-Sporting de Champions. Imaxe: ALBA TARRÉS.

O plantel dirixido por Jordi García está composto por once xogadores, polo que necesitará recibir un descarte para cumprir coa convocatoria de dez. Así as cousas, o home que non viaxará a Riazor sairá dos seguintes:

  • Càndid Ballart | Porteiro, dorsal 1
  • Nil Viña | Porteiro, 94
  • Ferran Giménez | 3 | 3 goles en OK Liga
  • Joan Salvat | Capitán, 5 | 1 gol en OK Liga
  • Sergi Aragonès | 6 | 8 goles en OK Liga e un en WSE Champions League
  • Maxi Oruste | 8
  • Marc Julià | 15 | 4 goles en OK Liga
  • Martí Casas | 18 | 5 goles en OK Liga
  • Diego Rojas | 19 | 2 goles en OK Liga
  • Arnau Canal | 49 | 4 goles en OK Liga
  • David Gelmà | 96 | 4 goles en OK Liga e un en Champions

Entradas a 5€ para público xeral

O público xeral conta con entradas online dispoñibles para este choque a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (11:00h) para a venda de pases físicos.

Como ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo pasa cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite dita situación.

Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable.

Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran con unha das seguintes dúas condicións. En ambas será necesario acreditar debidamente cada situación nas portas:

Deixa un comentario