PREVIA OK LIGA (X16) | En busca do sétimo triunfo consecutivo

PREVIA OK LIGA (X16) | En busca do sétimo triunfo consecutivo

Volve a OK Liga e faino coa visita a Riazor do Arenys de Munt (sábado 28, 18:00h, HOCKEY GLOBAL). Unha boa oportunidade para aumentar todavía máis a excelsa racha de triunfos do Deportivo Liceo de Juan Copa, agora mesmo sita nas seis, así como para erguerse da derrota europea sufrida este xoves ante o Oliveirense (5-1).

O conxunto da Coruña segue instalado na segunda posición da competición doméstica grazas a un meritorio rexistro de 36 puntos sobre 45 posibles. Un gran traballo baseado, entre outras cousas, na solidez defensiva. Son 26 os goles encaixados a estas alturas, só un por debaixo da mellor marca da OK Liga. Únicamente anotáronlle tantos ó Deportivo Liceo nun dos cinco últimos partidos da competición.

Pendentes dun descarte

Aínda que Juan Copa poderá contar coa totalidade do seu plantel, o límite de dez xogadores da lista implicará un descarte que se decidirá na mañá do propio sábado.

En canto á situación física-médica, como se apuntou, tódolos xogadores están en perfectas condicións: Martí Serra, Mati Bridge, Sito Ricart, Bruno Di Benedetto, César Carballeira, Pol Manrubia, Dava Torres, Fabri Ciocale, Àlex Rodríguez, Fran Torres e Arnau Canal.

Un Arenys inmerso na loita máis difícil

Os homes dirixidos por Enric Daumal atópanse en plena batalla por evitar o descenso á OK Prata. Ocupan actualmente a penúltima posición con 9 puntos, aínda que para nada distanciados dos dous equipos que o superan na táboa. Chegará a Riazor, ademáis, coa moral intacta tras sumar ante o Noia (2-2).

O Arenys de Munt, recén ascendido, conta con Marc Puigvert como gran baza ofensiva. Este xogador de destacable xuventude é o responsable de 14 dos 37 goles anotados polo seu equipo.

O Deportivo Liceo venceu por 1-6 no partido da volta inicial.

O encontro da primeira volta, correspondente á xornada 3, rematou con triunfo para o Deportivo Liceo por 1-6. Àlex Rodríguez (3), Bruno Di Benedetto (2) e César Carballeira foron os anotadores visitantes, mentres que o mencionado Puigvert foi o local.

Entradas a 5€ para público xeral

O Deportivo Liceo, como é norma, vende para este partido entradas a prezos totalmente populares.

O público xeral terá de novo a posibilidade de asistir por nada menos que 5 euros. Poderá adquirir a súa entrada dixital a través deste enlace de Cluber. Unha vez no Pazo, o seu poseedor deberá ensinar o código QR da mesma para poder entrar.

Por outra parte, os socios do Deportivo Liceo e os abonados provintes do Real Club Deportivo entrarán ensinando os seus carnets.

Para rematar, os nenos e nenas que cumpran calquera das seguintes condicións poderán asistir ó choque de xeito gratuito, tal e como ocorre co resto de partidos de OK Liga e obedecendo á nova política do club:

  • Ter 12 anos ou menos. En casos non tan evidentes, deberá acreditarse a idade mediante DNI.
  • Estudar no Colexio Liceo La Paz, sexa cal sexa a idade. Tan só deberán acudir ó Pazo coa roupa do centro.
  • Contar cunha ficha federativa de hockey sobre patíns que se deberá ensinar nas portas de entrada ó Pazo dos Deportes.

Deixa un comentario