PREVIA OK LIGA (X26) | Final do primeiro capítulo

O Deportivo Liceo rematará a fase regular en Manlleu (sábado 30, 20:00h, OKLIGA.TV).

Imaxe: MÓNICA ARCAY.

O capítulo inicial da OK Liga chega á súa fin. O Deportivo Liceo viaxará a Manlleu para participar na derradeira xornada da fase regular (20:00h, OKLIGA.TV) e como preámbulo dunhas intensas semanas nas que se decidirá todo. Serán retos para o futuro, pero o presente levará a Juan Copa e ós seus xogadores ó Pavelló Municipal da localidade catalá. Alí loitará contra un rival matemáticamente descendido.

Chegarán sen nada en xogo máis cá honra de mellorar o gran rexistro actual, xa que o equipo verdibranco é segundo de xeito matemático. Con esta vitola afrontará os futuros playoffs. Os seus 62 puntos, froito de 20 vitorias e dous empates en 25 encontros, poden ser 65.

Tras este partido, o Deportivo Liceo trocará momentáneamente o chip e preparará a disputa da inminente Copa do Rei. Celebrarase en Lleida do 5 ó 8 de maio e o seu rival de cuartos de final será o Reus Deportiu.

Lista con numerosas baixas e entradas

A convocatoria para este encontro será pouco habitual. Causarán baixa ata cinco xogadores: Roberto Di Benedetto, Maxi Oruste, Jordi Burgaya (todos por descanso competitivo), Carles Grau e Jordi Adroher (ambos con molestias físicas). Serán sustituidos por tres homes do equipo filial: Nanu Castro, Mati Bridge e Fran Torres.

Serán baixa ata cinco xogadores

A lista estará completada por Martín Garaboa, César Carballeira, Dava Torres, Àlex Rodríguez e Marc Grau.

Un Manlleu matemáticamente descendido

Tampouco se xogará nada o rival liceísta, descendido á OK Prata de xeito matemático. O Manlleu pagou a gran cantidade de tantos encaixados (125), sendo o peor de toda a competición nese aspecto.

O Manlleu é o conxunto máis goleado da competición

Non foron suficientes as boas aportacións goleadoras de dous dos seus xogadores chave: Biel Pujadas (21) e Aleix Borregán (20).

A primeira volta rematou con vitoria para o Deportivo Liceo tras protagonizar un solvente 9-3.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario