PREVIA OK LIGA (X23) | Visita a Palafrugell

PREVIA OK LIGA (X23) | Visita a Palafrugell

Imaxe: HOCKEY GLOBAL.

Á fase regular da OK Liga réstanlle catro partidos e doce puntos en xogo. Unha recta final na que o Deportivo Liceo buscará dar o mellor de si mesmo e chegar o mellor armado posible ó playoff decisivo. Antes tocará visitar a un rival protexido nunha dura pista: o Palafrugell (sábado 26, 20:00h).

Juan Copa e os seus xogadores irán ó Pavelló Municipal tras un importante triunfo ante o Caldes (3-2) con valor clasificatorio pero tamén mental. Axudou a deixar atrás a derrota anterior fronte ó Alcoi e a desafiar esta conclusión de fase regular con máis confianza.

En canto á táboa, a situación permanece igual: unha estancia no segundo posto con 53 puntos de 66 posibles, que permiten gardar unha ampla distancia co terceiro. Este excelente rexistro só é superado por outro de condicións case extraterrestres. Propiedade do Barça, que acumulou 61.

Ausencia e regreso

O técnico contará cun xogador máis respecto á xornada anterior. Àlex Rodríguez, que non puido enfrontarse ó Caldes por acumulación de cartóns azuis, regresa a unha convocatoria que todavía non incluirá a Jordi Adroher. O Mago continúa convalecente da súa lesión de pulso.

Àlex Rodríguez regresa á lista tras superar a súa sanción

Tendo en conta que non entrará ningún xogador do OK Prata, a lista completa queda composta polos seguintes nomes: Carles Grau, Martín Garaboa, César Carballeira, Maxi Oruste, Dava Torres, Marc Grau, Jordi Burgaya, Roberto Di Benedetto e o propio Àlex Rodríguez.

Un Palafrugell motivado

O enfrontamento contra o conxunto de Xavier García non será tan sinxelo como a priori pode dicir a clasificación. O Liceo xogará contra un Palafrugell necesitado de puntos que todavía loita por permanecer na OK Liga, polo que a súa motivación será máxima. Actualmente ocupa o posto 11 con 18 unidades, unha máis cós seus perseguidores Manlleu e Girona.

Lance do choque da primeira volta. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Un xogador a seguir do Palafrugell será, sen dúbida, o seu pichichi Sergi Canet. Anotou 21 goles ata o momento e é, con diferenza, o maior activo ofensivo do conxunto branquinegro.

O precedente da primeira volta deixou unha clara vitoria do Deportivo Liceo (6-1) no Pazo dos Deportes.

Deixa un comentario