Previa: DeportivoLiceo-Vic

Previa: DeportivoLiceo-Vic

Que siga a racha. Iso é o que buscará o DeportivoLiceo no choque que lle medirá ao Vic mañá domingo. Con seis vitorias consecutivas, os herculinos son conscientes da importancia de manter a boa dinámica de xogo e de resultados, sobre todo, tendo en conta que estarán arroupados pola súa afección. Unha afección que mañá podería verse incrementada grazas á campaña #XogaConNosODomingo, pola que os socios do Básquet Coruña poderán gozar do encontro por só 3 euros, mentres que os liceístas entrarán no baloncesto (18 horas) por 6 euros.


No puramente deportivo, ambos os conxuntos afrontarán o duelo con todos os xogadores dispoñibles, despois de que Roberto Dei Benedetto adestrase sen problemas esta semana, e unha vez que o VIC se deplazase á cidade herculina con todos os seus efectivos.


Manter un ritmo alto e continuar coa seguridade defensiva antóllanse fundamentais para que o DeportivoLiceo dobre a un rival que só sumou 10 goles a favor no que vai de OKLiga, dos cales, 6 foron anotados por Roger Font.


Declaracións Juan Copa: “Imaxínome un rival que tentará cerrarse atrás, collernos nalgunha contra, por tanto, teremos que traballar ben a nosa presión alta e cortar todas esas opcións de contragolpe. Despois en ataque, no 4 para catro, ter a suficiente tranquilidade para poñernos por diante e que non nos sorprendan nesas contras. O equipo estará avisado de que nos custará ao principio, de que o ano pasado gañáronnos así que a traballar ben para que os puntos queden en casa”.

Día: Domingo, 3 de novembro
Hora: 12.00 horas
Pavillón: Riazor
Árbitro: Fernández García e Martínez Fernández

Deja un comentario