#PlayoffsOKLiga | ENTRADAS para o último partido de Cuartos de Final

#PlayoffsOKLiga | ENTRADAS para o último partido de Cuartos de Final

25 de maio de 2025


O Deportivo Liceo recibirá ó Lleida en Riazor para finalizar a eliminatoria de Cuartos de Final (martes 27, 20:30h).

O público xeral contará novamente con entradas a tan só 7€.

Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.

Riazor engalanarase de verdibranco este martes ás 20:30h. Será día de encontro decisivo, un que determinará se Deportivo Liceo ou Lleida acudirán ás semifinais polo título da OK Liga. Unha vez máis, haberá entradas dispoñibles para o público xeral co obxectivo de que acudan a animar ó equipo de Juan Copa.

Os pases para este decisivo partido xa se atopan á venda de forma online mediante a plataforma Cluber. Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do comezo do encontro (19:30h). O custo do pase (7€) será o mesmo independientemente do xeito do que se merque.

Socios e abonados gratis

Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.

Portas abertas para os máis pequenos

Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):

Deixa un comentario