24 de maio de 2025
O Liceo vence ó Lleida na súa pista e forza o encontro final de Riazor, que se disputará o martes ás 20:30h.
O sufrimento tivo final feliz. O Deportivo Liceo de Juan Copa viaxaba a Lleida sen rede, e non lle fixo falta, non sen antes sacar o seu maior instinto de supervivencia. Gañou e forzou un terceiro partido que se disputará en Riazor, todo ou nada cun pase ás semifinais en xogo.
A verdade é que, a pesar do doce desenlace, o inicio da travesía non puido ser peor. Dous minutos foron suficientes para que os verdibrancos visen unha tarxeta azul (César) e encaixasen un gol, anotado por Nico Ojeda aproveitando o power play leridano. Facía falta ter visión a longo prazo, sen desesperarse. Un plan exitoso, pois Arnau Xaus logrou empatar superados os cinco minutos de xogo (1-1).
Puidou incluso chegar a remontada instantes despois, cando o local Darío Giménez viu a primeira azul que sufrirían tanto el como os seus compañeiros. Ferruccio errou a directa xusto antes da seguinte tarxeta dos de Edu Amat, recibida neste caso por Sebas Moncusí.
Boa reacción tralo golpe inicial
O Liceo cambiou o lanzador para que fose Xaus quen buscase o seu dobrete particular, fito que non acadou debido á boa intervención do meta Zapater. Porén, tal e como fixera anteriormente Ojeda para os intereses cataláns, Nil Cervera aproveitou a superioridade numérica temporal para poñer ós coruñeses por diante no marcador (1-2, minuto 17). As boas novas medrarían cando Bruno Saavedra, a pase do capitán Dava Torres, ampliaría a renda co 1-3.
Aínda que o inicio de partido foi realmente negativo, o Liceo logrou remontar ata colocarse 1-3
Vento a favor que inmediatamente deixou lugar a un novo aviso: chegou en forma de 2-3, anotado por Moncusí tras dous intentos de disparo. Ese foi o aberto resultado que mostrou o marcador durante o descanso. Tamén durante o final, pero iso o Liceo todavía debeu merecelo.
Supervivencia e xestión
Logrouno sobrevivindo a varios momentos clave dun Lleida volcado. Os de Edu Amat desaproveitaron ata dúas faltas directas grazas ás boas intervencións de Martí Serra. Posteriormente aumentaron pouco a pouco o risco dos seus ataques.
O Lleida acurtou distancias pero non puido coa resistencia verdibranca
Tamén houbo un chisco de superstición. O Liceo sobrevivía e a falta dun minuto só quedaba unha bala para o Llista Blava: saír con cinco xogadores de pista, tal e como ocorreu no seu empate in extremis do primeiro encontro. O executor final tamén foi idéntico: Nuno Paiva. O desenlace, moi diferente. Parou Serra para oficializar unha sufrida vitoria galega. Riazor decidirá.
FICHA TÉCNICA
LLEIDA: Martí Zapater; Darío Giménez, Fran Torres, Nico Ojeda, Jordi Badia (quinteto inicial), Nuno Paiva, Chino Miguélez, Sebas Moncusí, Sergi Duch e Javi Sánchez (meta suplente).
DEPORTIVO LICEO: Martí Serra; Arnau Xaus, César Carballeira, Dava Torres, Bruno Saavedra (quinteto inicial), Nil Cervera, Jacobo Copa, Fabri Ciocale, Tato Ferruccio e Martín Rodríguez (meta suplente).
ÁRBITROS: Jonathan Sánchez García e Oriol Pérez Claramunt. Mostraron tarxeta azul a Darío Giménez e a Sebas Moncusí por parte do Lleida. No Liceo víronna César Carballeira e Tato Ferruccio.
GOLES: 1-0 (Nico Ojeda, min. 2). 1-1 (Arnau Xaus, min. 6). 1-2 (Nil Cervera, min. 17). 1-3 (Bruno Saavedra, min. 20). 2-3 (Sebas Moncusí, min. 23).
INCIDENCIAS: OK Liga 24/25, Playoffs polo título. Partido 2 de Cuartos de Final. Pabellón Onze de Setembre (Lleida).