O curso 21/22 toca a súa fin na OK Prata, segunda categoría do hockey nacional. O filial masculino do Deportivo Liceo deberá afrontar este sábado 30 o penúltimo partido da competición, que o levará á pista do Sant Feliu (20:00h) co obxectivo de rematar do xeito máis positivo posible.
Os xogadores dirixidos por Sergio Huelves ocupan a sexta posición dunha táboa realmente igualada en todo o que non é liderado e descenso. Cinco puntos separan, por exemplo, ó cuarto do noveno. O conxunto verdibranco conta con 31 e xogará contra o décimo, que suma 24.
Tras xogar contra o Sant Feliu, o Deportivo Liceo pechará a tempada regular contra o Tordera
A pesar da súa baixa posición, o Sant Feliu goza dun dos goleadores principais da categoría: Pol Villas (22 dianas). Sairá ó Pavelló Municipal Francesc Cassart e Roc tras empatar contra dous recén descendidos como Lloret e Mataró.
A tempada concluirá para o Liceo o vindeiro 7 de maio, día no que recibirá ó Tordera (20:00h).