Os clubes da EHCA deciden inscribirse na Liga Europea

Os clubes da EHCA deciden inscribirse na Liga Europea

Despois do comunicado emitido o pasado 26 de xullo onde se informaba que os clubes de EHCA non se inscribían ó non chegar a un acordo, EHCA continuou coa vontade de diálogo. Trala reunión telemática celebrada o 29 de xullo coa presenza de Francesco Zangarini (Director de Sport Department de WS), Carmelo Paniagua (Director de WS-RHTC e Presidente da RFEP), Agostinho Da Silva (Director de WSE-RHTC), Luis Sénica (Presidente da FPP) e João Nuno Araujo (Presidente de EHCA), cambiou a situación froito das conversacións e en beneficio do hockey sobre patíns.

En dita reunión alcanzouse un acordo do modelo de competición para a Liga Europea 21/22 dun máximo de 16 equipos divididos en dous grupos de oito, todos contra todos en partidos de ida e volta rematando cunha Final 8 entre os catro mellores clasificados de cada grupo. Debido a que o número de equipos inscritos supera os 16, programaríase unha fase previa.

EHCA confía en que este diálogo entre World Skate e os clubes permita dar luz verde, trala asamblea xeral do Comité Internacional de World Skate a celebrar o vindeiro mes de novembro, a un acordo definitivo para traballar conxuntamente na organización da Liga Europea; dando paso a un modelo de xestión máis profesionalizado integrando os intereses de World Skate e dos clubes baixo a oficialidade dos órganos federativos internacionais.

Ábrese así un novo escenario no que a EHCA mostra a súa confianza e esperanza en que a competición entre os mellores clubes europeos faga medrar esta disciplina no noso continente, como xa aconteceu noutros deportes. Considérase que é necesario por ambas partes facer este esforzo para disputar unha competición que ofreza o maior espectáculo de hockey sobre patíns do mundo.

Deixa un comentario