O Deportivo Liceo saca a relucir o seu carácter para remontar en Lleida

IMG_-hxhnw

Nunha auténtica montaña rusa de sensacións, o Deportivo Liceo logrou sumar tres puntos máis na súa visita á pista do Lleida Llista Brava, na que que os pupilos de Juan Copa tiveron que remontar en dúas ocasións para seguir o ronsel dun Barça que non deu opción ao Reus no Palau (7-1).

Sen tempo para empezar a suar, os coruñeses xa perdíanº aos corenta segundos de partido tras un lanzamento de Andreu Tomás que, tras tocar nun xogador liceísta, descolocó a Carles Grau, que nada puido facer para evitar que o primeiro tanto subise ao marcador. Lonxe de acusalo, o Deportivo Liceo envorcouse sobre o campo contrario buscando a igualada que evitou en numerosas ocasións Lluís Tomas a disparos de Dava, Maxi, Platero ou Facu Bridge.

Unha vez máis, o meta rival converteríase no mellor do equipo contrario, que bastante tiña que aguantar as arremetidas dos coruñeses. Sen puntería nos metros finais, os de Copa recibirían outro golpe xusto antes do descanso, cando un erro defensivo permitiu a Álex Joseph plantarse só ante Carles Grau para facer o segundo do conxunto catalán. Sen nada que perder, e conscientes de que só lles valía a vitoria, os coruñeses incrementaron o ritmo tras o paso polo vestiario grazas á súa maior rotación.

Cunha presión máis avanzada, o tanto de Dava Torres deulle aire aos licesístas para crer na remontada, que pareceu moito máis preto cando Marc Grau cazou unha bóla para facer o segundo. Con doce minutos por diante, despois de desperdiciar por medio de Dava Torres unha falta directa, e cun Lleida Llista Blava canso, e que case se conformaba coa igualada, o Deportivo Liceo atopouse co terceiro gol, obra de Oriol Vives nun disparo á media volta, que parecia definitivo.

Con todo, lonxe de baixar os brazos, os de Copa sacaron a relucir o seu ‘xene gañador’ para, en só un minuto, darlle a volta ao marcador con disparos de Marc Grau e de Bruno dei Benedetto que soubo desviar un tiro do seu irmán desde a distancia. Conseguida a remontada, o único que restaba era resistir os últimos ataques cataláns con 5 xogadores de campo para sumar tres puntos de carácter e poder seguir o ronsel do Barça.

FICHA PARTIDO

Lleida Llista Blava:Lluís Tomás, Joan Cañellas, Oriol Vives, Álex Jopehp y Andreu Tomás –Cinco inicial- Nathan Gefflot, y Marc Palazón

Deportivo Liceo: Carles Grau, Dava Torres, Fabricio Ciocale, Franco Platero y Marc Grau –cinco inicial- Maxi Oruste, Bruno di Benedetto, Roberto di Benedetto y Facu Bridge.

Goles: 1-0, min 1: Andreu Tomás; 2-0, min 23:  Álex Joseph; 2-1,  min 31: Dava Torres; 2-2, min 38: Marc Grau;3-2, min 42: Oriol Vives; 3-3, min 44: Marc Grau;4-3, min 45: Bruno di Benedetto.

Colexiados: Iván González-Antonio González.

Incidencias: 18ª xornada de Ok Liga. Pavillón Municipal 11 de Septiembre

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario