O Deportivo Liceo gardará un minuto de silencio en recordo de Diego Bello

diego

A xunta directiva do Deportivo Liceo tomou a decisión de que se garde un minuto de silencio no choque que disputarán os liceístas ante o Saint Omer o vindeiro sábado ás 20 horas, correspondente á cuarta xornada da liga Europea de hoquei sobre patíns.

Desta maneira, o club herculino quere solidarizarse coa familia do coruñés falecido en Filipinas e, ao mesmo tempo, sumarse á reclamación que desde distintos ámbitos da sociedade está a realizarse para que se esclarezan canto antes as causas da morte de Diego Bello e leve a cabo a repatriación do cadáver

Como non podía ser doutra maneira, o club quere trasladar o seu máis sentido pésame á familia e ás persoas máis próximas de Diego Bello nestes momentos tan duros.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deja un comentario