#LiceoRivas | ENTRADAS para o peche da Pretempada 2023 (domingo 17, 12:00h)

#LiceoRivas | ENTRADAS para o peche da Pretempada 2023 (domingo 17, 12:00h)

12 de setembro de 2023


O Deportivo Liceo rematará a súa preparación o próximo domingo 17 ás 12:00h, co Pazo dos Deportes de Riazor como testemuña.

Juan Copa e o seu Deportivo Liceo clausurarán esta Pretempada 2023 a próxima fin de semana. O domingo ás 12:00h é a data elixida para recibir en Riazor ó Hockey Rivas, recén ascendido á OK Liga.

Un encontro accesible para todo o mundo. O público xeral que desexe acudir a este peche de etapa conta con entradas dispoñibles vía online (Cluber) a través do seguinte enlace. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día de partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes para a venda de pases físicos.

Socios e abonados gratis

Como ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet (vale tanto de forma dixital como impresa). O mesmo pasa cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite a súa situación.

Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable. Aquí contas con toda a información.

Portas abertas para os máis pequenos

Por outra parte, tamén entrarán de balde os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións. En canto á segunda, ó non pecharse todavía a tramitación 23/24 das licencias, valerán de momento as do curso 22/23:

Deixa un comentario