#LiceoNoia | ENTRADAS para a 22º xornada da OK Liga 24/25

#LiceoNoia | ENTRADAS para a 22º xornada da OK Liga 24/25

19 de marzo de 2025


O Deportivo Liceo recibirá ó Noia en Riazor (domingo 23, 12:00h). O público xeral contará novamente con entradas a tan só 7€.

Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de forma impresa como dixital.

Novo compromiso no Pazo dos Deportes de Riazor, que esta vez recibirá o enfrontamento entre o Liceo e o Noia. Corresponderá á xornada 22 da Fase Regular, dentro xa da recta final da mesma (domingo 23, 12:00h).

Os pases para esta nova data ligueira xa se atopan á venda de xeito online mediante a plataforma Cluber. Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do comezo do encontro (11:00h). O custo do pase (7€) será o mesmo independientemente da forma na que se merque.

Socios e abonados gratis

Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.

Se todavía non es socio, podes aproveitar os novos prezos da segunda volta para apoiarnos neste treito final de tempada: neste enlace podes formalizar o teu carnet.

Portas abertas para os máis pequenos

Un curso máis, tamén entrarán de balde os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa):

Deixa un comentario