#LiceoLleida | ENTRADAS para a xornada 15 da OK Liga 24/25

#LiceoLleida | ENTRADAS para a xornada 15 da OK Liga 24/25

22 de xaneiro de 2025


O Deportivo Liceo recibirá ó Lleida o domingo 26 de xaneiro ás 12:00h. Coma sempre, con entradas de público xeral á venda por 7€.

Os socios e abonados entrarán gratis ó Pazo dos Deportes da Coruña ensinando o código QR do seu carnet, que valerá tanto de xeito impreso como dixital.

A OK Liga regresa a Riazor coa visita do Lleida, no que será o primeiro encontro da segunda volta a celebrar en terras coruñesas. O equipo de Juan Copa, responsable agora de dous triunfos seguidos, necesitará unha vez máis que a afección sexa un xogador máis. Para iso, desde o club volve haber entradas á venda para público xeral e con prezos populares (7€).

Os pases poderán adquirirse de dúas formas: online mediante a plataforma Cluber e presencial nas taquillas do Pazo dos Deportes. As mesmas, como é habitual, abrirán desde unha hora antes do encontro (11:00h).

Socios e abonados gratis

Os socios do Liceo poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo e que pagaran o suplemento de 5€, que nese caso deberán mostrar o carnet que demostre dita condición.

Se todavía non es socio, podes aproveitar os novos prezos da segunda volta para apoiarnos neste treito final de tempada: neste enlace podes formalizar o teu carnet.

Portas abertas para os máis pequenos

Un curso máis, tamén entrarán de balde os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións.

Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa:

Deixa un comentario