31 de xullo de 2025
Doutor en Ciencias do Deporte, entre outros méritos, empezará a traballar na pretemporada que se iniciará o 11 de agosto.
Kike Sanfiz será desde este curso 25/26 o novo preparador físico do Hockey Club Liceo, posto ata agora responsabilidade de Marc Godayol. Doutor en Ciencias do Deporte pola Universidade da Coruña, foi adestrador de fútbol do AC Montañeros en categoría xuvenil.
O galego conta tamén con experiencia nas bases do Real Club Deportivo, o Club Deportivo Lugo ou o FC Porto; ademáis de nas categorías senior do Somozas e o Racing Vilalbés (2ºB e 3º RFEF).
Complementa a bagaxe con máis credenciais académicas, todas na mencionada UDC: masterizado en alto rendemento de deportes de equipo e tamén en investigación, deporte, actividade física e saúde. Finaliza o currículum cun postgrado en prevención, readaptación e xestión da fatiga.
Benvido, Kike, e moita sorte neste novo reto!