#LiceoRivas | ENTRADAS para a xornada 3 da OK Liga 23/24 (sábado 14, 17:00h)

#LiceoRivas | ENTRADAS para a xornada 3 da OK Liga 23/24 (sábado 14, 17:00h)

9 de octubre de 2023


O Deportivo Liceo recibirá ó Rivas nun partido con entradas a tan só 5€ para público xeral.

A OK Liga 23/24 non se detén e regresa ó Pazo dos Deportes de Riazor coa súa terceira xornada. Continúa a fase regular coa vindeira visita do Hockey Rivas, recén ascendido á máxima categoría do hockey sobre patíns nacional (sábado 14, 17:00h). Tódolos Liceístas que desexen apoiar ó equipo de Juan Copa poderán facelo a prezos totalmente inmellorables.

O público xeral conta con entradas online dispoñibles a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (16:00h) para a venda de pases físicos.

Socios e abonados gratis

Como ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite a súa situación.

Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable. Aquí contas con toda a información.

Portas abertas para os máis pequenos

Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións:

Deixa un comentario