O Club Deportivo Liceo La Paz fúndase no ano 1972. Os
artífices do nacemento foron Augusto César Lendoiro,
Javier Chaver e os directores da Escola Liceo La Paz,
Antonio Pintor e Carlos Pérez Roca, sendo Felipe Marcos
Nieto o primeiro presidente. Na tempada 1973-74, o
novo equipo coruñés, que xa lucía as cores verde e
branca en armonía coa escola que representa, logra o
ascenso de categoría.
Na década dos 70, o Hockey Club Liceo Banco Simeón
militou en Primeira División ata quedar subcampión
na tempada 78/79, o que permitiu o ascenso á máxima
categoría do hockey nacional.
Nesa primeira campaña, o Hockey Club Liceo Camisas
Texman rematou 7º.
A etapa máis gloriosa dos liceístas coincidiría coa entrada
dos 80, onde se acadarían os primeiros e algún dos máis
importantes títulos para as vitrinas verdibrancas. Nesa
década dourada, os nosos firmarían un total de 16 títulos
nacionais e internacionais, sen dúbida un éxito sen
precedentes en Galicia.
Actualmente, o Deportivo Liceo é un dos equipos máis
relevantes e respetados do panorama internacional,
sendo o seu palmarés o máis grande na historia do
deporte galego.