Entradas para o Deportivo Liceo-Calafell (OK Liga 22/23, xornada 9)

Entradas para o Deportivo Liceo-Calafell (OK Liga 22/23, xornada 9)

Como sempre, a nosa casa é aínda máis dura se está chea de Liceístas. Así deberá estar na vindeira visita do CP Calafell (sábado 3, 17:30h), unha cita chave para seguir sumando de tres en tres e aproveitar a fortaleza do Pazo. Para iso, o Deportivo Liceo volverá a vender entradas a prezos inmellorables.

O público xeral terá de novo a posibilidade de asistir por nada menos que 5 euros. Poderá adquirir a súa entrada dixital a través deste enlace de CLUBER. Unha vez no Pazo, o seu poseedor deberá ensinar o código QR da mesma para poder entrar.

Por outra parte, os socios do Deportivo Liceo e os abonados provintes do Real Club Deportivo entrarán ensinando os seus carnets. Estes últimos poderán vivir un gran sábado de deporte local asistindo ó encontro de fútbol das 19:00h.

Tamén entrarán de xeito gratuito os Liceístas máis pequenos grazas á nova política do club, que podes consultar en detalle aquí.

Riazor agarda!

Deixa un comentario