Entradas para a xornada final da OK Liga Feminina

Entradas para a xornada final da OK Liga Feminina

Remata unha gran OK Liga Feminina para o Deportivo Liceo e queremos que sexa co maior número de xente posible. O curso chegará á súa fin coa visita do líder Vila-sana (sábado 28, 20:00h) no Pazo dos Deportes de Riazor. Co sexto posto como unha certeza, agardará unha festa do hockey sobre patíns á que poderás asistir ben de balde ou por tan só cinco euros.

Haberá varios escenarios de adquisición de pases para os liceístas que desexen acudir.

Abonados do Real Club Deportivo

O primeiro deles está novamente destinado ós abonados beneficiarios do convenio co Real Club Deportivo. Haberá 500 pases dispoñibles sen máis custo que o tempo adicado á xestión, a realizar mediante a seguinte ligazón de Cluber:

Na chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo. Serán indispensables para poder acceder.

Socios do Deportivo Liceo

O segundo escenario aplicarase ós socios do Deportivo Liceo, que deberán mostrar o código QR do seu carnet dixital á hora de entrar. Polo tanto, non será necesaria maior xestión.

Público xeral

Por outra parte, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas dispoñibles a un prezo de 5 euros cada unha. Adquiriranse de xeito online mediante outro enlace de Cluber:

Liceístas, agardámosvos no Pazo dos Deportes de Riazor para despedir o curso!

Deixa un comentario