ENTRADAS | Dous partidos de clase mundial por tan só 7€

O Deportivo Liceo recibirá ó Benfica (xoves 9, 21:00h, WSE CL) e ó Noia (sábado 11, 18:00h, OK Liga) no Pazo dos Deportes e o público xeral poderá disfrutar de ambos choques por un mínimo prezo.

Choque en Riazor entre Liceo e Benfica correspondente á pasada Golden Cup. Imaxe: MÓNICA ARCAY.

Escasas veces existe a posibilidade de gozar por tan pouco do mellor hockey sobre patíns do mundo. O Deportivo Liceo ofrece esta oportunidade nos seus dous vindeiros partidos dentro do Pazo dos Deportes de Riazor.

Visitarán o feudo de Juan Copa e os seus xogadores dous grandes equipos como o Benfica (xoves 9, 21:00h) e o Noia (sábado 11, 18:00h) en choques correspondentes, respectivamente, á WSE Champions League (xornada 2 de Fase de Grupos) e á OK Liga (xornada 18).

O público xeral poderá asistir por só 7 euros a dous dos mellores partidos que se poden ver se adquire a súa entrada dixital a través de CLUBER. Unha vez no Pazo, o seu poseedor deberá ensinar o código QR da mesma para poder acceder.

Socios e abonados

Como é habitual, os socios do Deportivo Liceo e os abonados provintes do Real Club Deportivo entrarán ensinando os seus carnets, sexa de xeito dixital ou impreso.

Tamén entrarán de forma gratuita os Liceístas máis pequenos grazas á nova política do club, que podes consultar en detalle aquí.

Acude a Riazor e axúdanos na nosa loita!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest

Deixa un comentario