Descanso para o líder da OK Prata

Descanso para o líder da OK Prata

Líderes perfectos e, de momento, incontestables. O filial masculino do Deportivo Liceo, dirixido por Stanis García, vivirá un asueto breve na OK Prata antes de afrontar o seu vindeiro desafío: visitar ó Compañía de María nun dos derbis coruñeses da tempada. Ese choque terá lugar o 20 de novembro ás 20:00h.

O comezo do equipo foi inmellorable. Doce puntos sobre doce posibles e unha dobre marca parcial: a do equipo máis goleador (19, xunto ó Sant Feliu) e a do menos goleado (6). Todo iso, ademáis, ante rivales potentes entre os que estaban dous recén descendidos da OK Liga (Mataró e Lloret).

Estos son os resultados do Deportivo Liceo ata o momento:

  • XORNADA 1: DEPORTIVO LICEO 5-2 CH Mataró.
  • XORNADA 2: CH Lloret 1-4 DEPORTIVO LICEO.
  • XORNADA 3: CE Arenys de Munt 2-4 DEPORTIVO LICEO.
  • XORNADA 4: DEPORTIVO LICEO 6-1 SD Espanyol.

Deixa un comentario