Copa concede unha tregua

Copa concede unha tregua

Unha tregua. Iso é o que lle concedeu Juan Copa ao seu persoal despois da esixente semana pasada na que os liceístas afrontaron tres choques (Forte dei Marmi-Lleida-Igualada) con dúas duras viaxes a terras transalpinas e a Cataluña. Superada con éxito despois de gañar todos os envites, o máximo responsable do líder da OkLiga decidiu dar descanso aos seus xogadores ata o vindeiro mércores cando os liceístas comezarán a preparar a visita do VIC.

Desta maneira, e tras aterrar o domingo pola mañá en Alvedro, os xogadores do equipo coruñés gozarán de tres días que, algúns como Roberto dei Benedetto, aproveitarán para recuperarse dos golpes e do cansazo acumulado no que vai de Liga. No caso do francés, que xogou con molestias no seu nocello tras a escordadura sufrida o míercoles fronte ao Lleida, espera estar xa en perfectas condicións o domingo para medirse, a partir das 12.00 horas en Riazor, ante un Vic que chegará tras imporse ao Llorent (2-1) con tantos de Serra e de Lle Berre.

Copa ha planificado para esta semana catro sesións preparatorias (mércores, xoves, venres e sábado) nas que traballará cos seus co obxectivo de seguir sumando vitorias que manteñan ao DeportivoLiceo no máis alto da táboa. Un reto para no que os encontros como locais antóllanse determinantes vendo as complicacións que todos os rivais están a ter para sumar lonxe das súas pistas.

ACCIÓN CONXUNTA CON BASKET CORUÑA
Por outra banda, mañá ás 12 horas no Palacio dos Deportes de Riazor presentaremos a campaña #XogaConNosODomingo coa que os socios de ambos os clubs poderán gozar de vantaxes e de sorpresas coincidindo que ambos os equipos disputan como local os seus partidos na xornada do domingo.

Deja un comentario