Contra o Lloret para abrir a 13º data da OK Prata

Contra o Lloret para abrir a 13º data da OK Prata

Non hai mellor momento para recibir a un rival desta magnitude. A fin de semana será esixente, outra vez, para o filial dirixido por Sergio Huelves, xa que traerá un enfrontamento contra o recén descendido Lloret (sábado 5, 17:00h). Este partido, a celebrar no Agra I, conectará ademáis co adiado de OK Liga Feminina contra o PHC Sant Cugat (20:00h), polo que o pavillón coruñés será unha festa do mellor hockey sobre patíns.

O Liceo vén de sumar catro de seis puntos contra dous xigantes da OK Prata

O momento para afrontar esta proba será bo, como se dicía, polo estado de forma recente do equipo. As súas últimas dúas xornadas, ante dous xigantes da categoría como Tordera e Mataró, saldáronse con catro puntos de seis posibles (empate e triunfo, respectivamente). Esta racha coloca ó Deportivo Liceo como sexto clasificado con 18 e tras doce encontros (cinco vitorias, tres empates e catro derrotas).

Tras xogar contra o Lloret, virá un parón competitivo que rematará o 26 de febreiro

Despois deste compromiso, a OK Prata parará para os liceístas ata o vindeiro 26 de febreiro. Unha vez superados eses 21 días de asueto competitivo, tocará enfrontarse ó Arenys de Munt no propio Agra I. Será a data 14 do total de 22 que completan o Grupo Norte.

Deixa un comentario