A folla de ruta da Copa do Rei e da Raíña 2022 xa é unha realidade. Os torneos, que terán lugar en Lleida do 5 ó 8 de maio, deixaron os primeiros rivais para un Deportivo Liceo con representantes en ambos. Tamén se sortearon os días dos cuartos de final, a falta de horarios definitivos.
O primeiro en participar será o conxunto feminino, que sairá a pista o xoves día 5. As xogadoras de Stanis García enfrontaranse ó Vila-sana, actual líder da OK Liga Iberdrola. Actuarán como visitantes e atoparíanse a Palau ou Cerdanyola en caso de vencer.
A falta de horarios concretos, o equipo feminino xogará o xoves 5 e o masculino o venres 6
Pola súa parte, o equipo masculino de Juan Copa deberá enfrontarse ó Reus Deportiu o venres día 6. Actuará como local e, en caso de vitoria, xogaría a semifinal contra o gañador do partido entre o Lleida e o Calafell.