Imaxe: Iria Roma.
Chegou o momento da verdade para o Deportivo Liceo, que comezará a OK Prata Feminina esta fin de semana. Xa coa chilena Beatriz Gaete no plantel, as verdibrancas darán o paso inicial deste camiño de 14 xornadas coa visita ó CP Las Rozas (domingo 14, 16:00h). Aquí podes ver o calendario completo da competición.
Trala suspensión da Liga Senior Autonómica por motivos sanitarios, o Liceo e o HC Borbolla foron protagonistas de sendos ascensos á segunda categoría do hockey sobre patíns nacional.
Pola súa parte, o filial masculino regresará á OK Prata despois de dúas semanas sen competir. Será visitando ó Jolaseta (sábado 13, 19:00h) co obxectivo de recuperarse das súas últimas derrotas ante o SHUM Frit Ravich e o Tordera. O equipo dirixido por Stanis García ocupa a sexta posición do Grupo Norte con 24 puntos, tres máis que o mesmo Tordera (7º) e nove máis que o tamén mencionado Jolaseta (8º).