Campaña de Socios 22/23: #EngánchateÓLiceo

Campaña de Socios 22/23: #EngánchateÓLiceo

Achégase un novo e ilusionante curso e o Deportivo Liceo quere vivilo da man do seu mellor activo. Nunha das datas máis especiais do actual, tódolos afeccionados que o desexen terán a oportunidade de facerse socios para a tempada 22/23.

Este venres (20:30h) será o día do terceiro partido da final pola OK Liga 21/22, a celebrar en Reus. O Pazo dos Deportes ofrecerá o mesmo grazas a unha pantalla xigante, con entrada libre e coa posibilidade de engancharse ó club máis laureado de Galicia.

Existirán dúas posibilidades de carnet para as persoas que se unan á Familia Liceísta. O Pazo terá habilitadas unha serie de mesas nas que todo aquel interesado poderá elixir entre estas opcións e facilitar os datos pertinentes:

  • SOCIO INDIVIDUAL: Contará cun prezo de 30€ e, naturalmente, será válido para toda a tempada.
  • SOCIO FAMILIAR: Terá un importe de 60€ e será válido para un número máximo de 4 SOCIOS integrantes da mesma familia. É dicir, cada carnet tería un prezo de 15€.

Ambos poderanse abonar por diferentes medios:

  • En efectivo no propio Pazo dos Deportes.
  • Vía Bizum ó número de teléfono 616 26 85 82.
  • Mediante transferencia bancaria.

Lembra: #EngánchateÓLiceo e súmate a un apaixoante curso!

Deixa un comentario