Imaxe: HOCKEY GLOBAL.
Àlex Rodríguez, actual xogador do Deportivo Liceo, foi galardoado co título de MVP da pasada OK Liga. Así quedou determinado tralo veredicto final dos seleccionadores nacionais e do director técnico da RFEP, xuíces dun premio individual que no seu día tamén gañaron exliceístas como Josep Lamas ou Jordi Bargalló. A honra súmase á Bóla de Ouro conseguida tralos seus 52 goles anotados coa camiseta do Reus Deportiu durante o curso 20/21.
O dobre galardoado recibirá ambos trofeos no sorteo da edición 21/22 das competicións nacionais, que se celebrará hoxe mércores ás 20:00h.