Aforo dun máximo de 300 persoas para o choque ante o Taradell

Aforo dun máximo de 300 persoas para o choque ante o Taradell

Tras presentar un protocolo de actuación ás autoridades sanitarias da Xunta de Galicia, o DEPORTIVO LICEO pode confirmar que o aforo máximo permitido no Pazo dos Deportes para o choque ante o CP Taradell (venres 2 de outubro, 20:45h) será de 300 persoas.

Estas 300 persoas serán seleccionadas a través dun criterio único: a antigüedade dos socios que envíen un correo electrónico a administracion@hockeyclubliceo.com de 9:00h a 21:00h do 30 de setembro. Deberán facilitarse nome, apelidos, DNI e número de móvil dos interesados.

De manera excepcional, tamén se poderá solicitar a asistencia a través do seguinte número de teléfono: 981 131 451 (de 17:00h a 21:00h do 30 de setembro). Además, teranse en conta dúas variantes para realizar esta criba de forma máis xusta e responsable:

  • Aos portadores dun carnet familiar, que engloba a un máximo de catro socios, só se lles permitirá a entrada a dúas de esas persoas.
  • Os socios que non entren na criba de 300 asistentes ao choque ante o Taradell terán prioridade nos próximos partidos.

Os socios seleccionados recibirán ao longo do xoves 1 de outubro (vía WhatsApp) a información sobre a hora na que deberán acceder ao Pazo dos Deportes e a porta pola que o deberán facer.

O Deportivo Liceo segue traballando para que este número sexa maior en futuros compromisos, sempre baixo as condicións que permitan un exercicio responsable coas circunstancias sanitarias actuais.

Deixa un comentario