A RFEP obriga ó Liceo a saltar á pista a pesar dos seus tres positivos en COVID-19

A RFEP obriga ó Liceo a saltar á pista a pesar dos seus tres positivos en COVID-19

A Real Federación Española de Patinaxe comunicoulle ó Deportivo Liceo que mañá debe disputar a décima xornada da OK Liga Feminina (domingo 16 de enero, 11:15h).

Todo iso a pesar dos tres positivos en COVID-19 detectados no equipo a menos de 24 horas para a celebración do partido.

O protocolo do organismo indica que un encontro só se suspenderá no caso de que existan ata catro casos. Nesta situación, a RFEP non ten en conta o feito de que o resto de compañeiras de equipo son contactos estreitos que poden resultar nun brote maior. A normativa da Xunta de Galicia, por engadido, recomenda que estes contactos minimicen a súa actividade social para evitar posibles novos contaxios.

De todas maneras, as xogadoras pasarán mañá pola mañá unha nova serie de tests ÓS QUE NON ESTÁN OBRIGADAS.

O club non entende este risco evitable que colocaría en perigo non só ó Deportivo Liceo, senón tamén ó PHC Sant Cugat. Lamentamos profundamente que a RFEP priorice o deportivo por encima da saúde tras estos difíciles dous anos de pandemia.

Deixa un comentario