A Comisión Galega de Control da Violencia instará á Estatal a actuar ante os incidentes sufridos en Voltregà

A Comisión Galega de Control da Violencia instará á Estatal a actuar ante os incidentes sufridos en Voltregà

13 de decembro de 2023


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, presidiu a reunión da Comisión Galega co obxectivo de salvagardar os valores esenciais do deporte.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presidiu unha nova reunión -a décimo segunda- da Comisión Galega de Control da Violencia.

Nela, os seus membros acordaron instar á Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte a actuar tralos incidentes ocorridos no partido correspondente á xornada 11 da OK Liga que disputaron o CP Voltregà e o Deportivo Liceo. Os feitos obrigaron ó equipo a abandonar o estadio antes de tempo debido á sensación de inseguridade.

O secretario xeral para o Deporte e presidente da Comisión Galega de Control da Violencia, José Ramón Lete Lasa, insistiu de novo na “responsabilidade na salvagarda dos valores esenciais no deporte”. Uniu este deber cos clubs, entidades deportivas e federacións, así como coas persoas organizadoras de competicións e espectáculos tal e como marca a Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte de Galicia.

Desde o Deportivo Liceo agradecemos públicamente a actuación da Xunta de Galicia para defender firmemente ditos valores.

Deixa un comentario