PREVIA WSE CHAMPIONS LEAGUE 24/25 (X6) | De novo ante o Benfica

PREVIA WSE CHAMPIONS LEAGUE 24/25 (X6) | De novo ante o Benfica

16 de xaneiro de 2025


O benfiquista Gonçalo Pinto nun adestramento previo ó choque. Imaxe: SL BENFICA.

Galegos e portugueses atoparanse de novo tralo seu empate sen goles en Riazor. Esta vez será en Lisboa.

Mesmos rivais unha semana despois de empatar sen goles. Con diferente escenario. O segundo duelo en sete días entre Deportivo Liceo e Benfica pasa á pista do Pavilhão Fidelidade, un recinto que acollerá a sexta xornada de Fase de Grupos. Segue a acción da máxima competición europea, inmersa xa na recta final do seu sector inicial.

O partido, a xogar o xoves 16 ás 21:00h de España e 20:00h de Portugal, estará retransmitido en directo e de balde por europe.worldskate.tv; ademáis de dirixido polos árbitros italianos Francesco Stallone e Marco Rondina.

Últimas probas da Fase

Un complicado encontro que aparece ante un Liceo dentro de prácticamente a súa mesma situación da semana pasada: cuarto clasificado do Grupo B. É a última posición que ofrece o pase ós Cuartos de Final (ós que lle seguirá unha Final Four). Son seis puntos sumados debido ó rexistro dun triunfo, tres empates e unha derrota. A tres unidades atópase o Dinan Quévert, primeiro potencial eliminado de pecharse así a Fase; mentres que a última praza é do Valongo con só unha.

O Deportivo Liceo chega a Portugal tras vencer o pasado domingo na pista do Voltregà

A clasificación completa con cinco datas disputadas, a metade, é a seguinte:

  • 1º | BENFICA | 13 puntos
  • 2º | TRISSINO | 10 puntos
  • 3º | OLIVEIRENSE | 8 puntos
  • 4º | DEPORTIVO LICEO | 6 puntos
  • 5º | DINAN QUÉVERT | 3 puntos
  • 6º | AD VALONGO | 1 puntos

A folla de ruta percorrida e por percorrer para os de Copa é a seguinte:

  • XORNADA 1 | Trissino vs. DEPORTIVO LICEO | 21 de novembro | 5-2
  • XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO vs. Oliveirense | 28 de novembro | 1-1
  • XORNADA 3 | Dinan Quévert vs. DEPORTIVO LICEO | 5 de decembro | 1-6
  • XORNADA 4 | AD Valongo vs. DEPORTIVO LICEO | 12 de decembro | 3-3
  • XORNADA 5 | DEPORTIVO LICEO vs. Benfica | 9 de xaneiro | 0-0
  • XORNADA 6 | Benfica vs. DEPORTIVO LICEO (16 de xaneiro)
  • XORNADA 7 | DEPORTIVO LICEO vs. AD Valongo (30 de xaneiro)
  • XORNADA 8 | DEPORTIVO LICEO vs. Dinan Quévert (6 de febreiro)
  • XORNADA 9 | Oliveirense vs. DEPORTIVO LICEO (20 de febreiro)
  • XORNADA 10 | DEPORTIVO LICEO vs. Trissino (27 de febreiro)

Nove xogadores para un maratón de dous partidos

Juan Copa e os seus xogadores atópanse xa en terras portuguesas, aínda que entre eles seguen sen estar Pablo Cancela e Tato Ferruccio polas súas respectivas lesións. É unha lista de nove homes que loitarán en Lisboa para posteriormente facelo en Alcoi noutra xornada de OK Liga (sábado 18, 19:30h).

O Liceo deberá xogar en Alcoi só dous días despois desta proba en Lisboa (sábado, 19:30h).

A convocatoria está formada polos seguintes Liceístas:

  • Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Nil Cervera | 2 | 4 goles en OK Liga
  • Arnau Xaus | 3 | 14 goles en OK Liga e 1 en Champions, máximo anotador do Liceo
  • César Carballeira | 5 | 8 goles en OK Liga e 4 en Champions
  • Jacobo Copa | 7 | 3 goles en OK Liga
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 6 goles en OK Liga e 1 en Champions
  • Fabri Ciocale | 9 | 3 goles en OK Liga e 1 en Champions
  • Bruno Saavedra | 13 | 3 goles en OK Liga e 2 en Champions

Reencontro coa potencia lusa

O equipo de Edu Castro cedeu puntos por primeira vez na súa visita a Galicia da quinta data europea. Un empate sen goles que detivo a súa racha triunfante na WSE Champions League, onde ata o momento contaba os partidos por vitorias. Segue sendo sen embargo o dominador do Grupo B grazas ó seu bo facer.

Roberto Di Benedetto e Nil Roca nunha sesión previa ó partido. Imaxe: BENFICA.

Un que tamén se nota no Campionato Placard doméstico, no que se presenta como gran candidato a vencer. Igualmente na Taça, precisamente o seu único precedente antes de recibir na Luz ó Liceo: venceu contundentemente por 4-10 na casa do Acobacense.

O Benfica tratará de vencer ós verdibrancos cos seguintes xogadores, dos cales deberá haber dous descartes:

  • Pedro Henriques | Porteiro, dorsal 1
  • Bernardo Mendes | Porteiro, 12
  • Zé Miranda | 3 | 5 goles en Liga e 2 en Champions
  • Diogo Rafael | Capitán, 4 | 3 goles en Liga e 1 en Champions
  • Martim Costa | 5
  • Viti | 7
  • Pau Bargalló | 8 | 13 goles en Liga e 3 en Champions
  • Lucas Ordóñez | 9 | 10 goles en Liga e 3 en Champions
  • Nil Roca | 24 | 4 goles en Liga e 4 en Champions
  • Roberto Di Benedetto | 68 | 6 goles en Liga e 2 en Champions
  • Gonçalo Pinto | 71 | 4 goles en Liga e 2 en Champions
  • João Rodrigues | 79 | 14 goles en Liga e 2 en Champions

Deixa un comentario