#LiceoReus | Día do Abonado

#LiceoReus | Día do Abonado

30 de decembro de 2024


O partido do 4 de xaneiro ás 13:00h, con Riazor como anfitrión, abrirá as portas ós achegados dos socios e abonados liceístas.

O partido contra o Reus Deportiu será unha festa de Liceísmo. O sábado 4 de xaneiro (13:00h) é a data indicada para o Día do Abonado, unha campaña na que estes poderán invitar ó encontro a quen consideren: familiares, amigos, veciños, compañeiros de traballo… O obxectivo é moi claro: convertir en festivo o ambente de Riazor, aproveitando estas datas tan sinaladas.

Prazo e procedemento de solicitude de invitacións

Os pases da campaña pódense pedir desde este momento e ata as 23:59h do xoves 2 de xaneiro (ou ata fin de existencias).

Todo aquel socio ou abonado que aproveite a promoción poderá invitar a quen queira. Únicamente terá que enviar un WhatsApp ó 613 21 70 66, número oficial do Club nesta rede, indicando nome e apelidos do invitado, o seu número de móvil e a cantidade de entradas necesarias. Poderanse solicitar varios grupos de entradas para invitados distintos, sen límite de peticións por parte do socio/abonado.

Unha vez rexistrada a solicitude e tras comprobar que o seu autor é socio ou abonado, tramitaremos a mesma enviando por WhatsApp as entradas solicitadas ó móvil facilitado do destinatario.

Desde o Deportivo Liceo invitamos a que nos axudéis a #LlenarRiazor nun partido fundamental para continuar a nosa loita. Vémonos o sábado no Pazo, Liceístas!

Deixa un comentario