23 de decembro de 2024
O Liceo recibirá á afección este xoves 26 no Pazo dos Deportes de Riazor.
O Deportivo Liceo e a súa afección atoparanse de novo o 26 de diciembre. Ese xoves, o último de 2024, celebrarase un acto de unión: un adestramento de portas abertas no Pazo dos Deportes de Riazor.
Este evento terá lugar de 17:30h a 19:30h dentro dun recinto que recibirá a todos os Liceístas que desexen achegarse. Posteriormente clausurarase cun brindis entre equipo e hinchada para despedir o ano e darlle a benvida a un novamente ilusionante 2025.
Agardámoste en Riazor para pasar unha gran tarde de hockey e de Liceísmo!