Fotografía de Kiko Lareo.

Estarán dispoñibles as dúas modalidades de estancia habituais: Media Pensión e Adestramentos.

Haberá un 10% de desconto exclusivamente dirixido ós alumnos do Colexio Liceo La Paz.

As inscricións para o Campus de Nadal 2026 xa están en marcha! O evento celebrarase un curso máis no Colexio Liceo La Paz para que os máis pequenos disfruten dunhas festas cheas de hockey. Terá lugar os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro.

O Campus estará dirixido polos monitores e os técnicos do Hockey Club Liceo, contando de novo coa presenza dos xogadores do equipo de OK Liga.

O proceso de inscrición terá lugar no noso sitio oficial de COMPRALAENTRADA, onde se terá que cubrir o formulario correspondente e adxuntar a seguinte documentación:

  • Unha copia da licencia federativa do neno/a.
  • A tarxeta sanitaria do neno/a en caso de non xogar de forma federada.
  • O DNI do neno/a e o do pai/nai/tutor.

O teléfono de contacto para solicitar máis información ou solucionar dúbidas/problemas será o 981 13 14 51 de luns a venres e de 17:00h a 20:00h, ou 24 horas mediante o correo administracion@hockeyclubliceo.com.

Modalidades e prezos

Existirán dúas modalidades diferentes, como nas últimas edicións, incluindo gastos de xestión en cada un dos prezos:

  • MEDIA PENSIÓN | 325€ con horario de 9:00h a 20:00h. Inclúe comida e meriendas.
  • ADESTRAMENTOS | 240€ con horario de 9:00h a 14:00h e de 16:30h a 20:00h. Pola tarde deberán regresar media hora antes do inicio da sesión. Tras ese horario non se abrirán as portas.

Os días 24 e 31 de decembro as actividades terminarán ás 15:30h. Por outro lado, os alumnos e alumnas do Colexio Liceo La Paz contarán cun 10% de desconto sobre o prezo.

Vive connosco outro Nadal cheo de hockey e diversión!

Últimas novas