Xornada en Navarra para seguir coa loita da OK Bronce

Xornada en Navarra para seguir coa loita da OK Bronce

27 de marzo de 2026


O filial do Liceo visitará ó UDC Rochapea (domingo 29, 12:00h).

Quince días tiveron que pasar para que regrese a OK Bronce. A terceira categoría do hockey sobre patíns nacional ofrécelle ó filial do Liceo un novo reto: a visita á Unión Deportiva e Cultural Rochapea, con recinto do mesmo nome (domingo 29, 12:00h). Será a xornada número 21 do total de 26 que conforman o Grupo Norte.

O equipo do Pichu Galvani chegará a esta data na novena posición, dúas menos que a do rival contra o que xogarán esta fin de semana. Ata agora os verdibrancos acumularon 24 puntos. Con esta proba buscarán atopar de novo o camiño da vitoria despois das malas novas que deixou o choque anterior ó parón, coa derrota por 3-5 ante Traviesas.

Este duelo ante o Rochapea chega tras un parón e precisamente precederá a outro

Casualmente tras xogar ante o UDC Rochapea virá un novo receso, xa que a competición non continuará ata o 12 de abril. Ese será o día no que o Liceo reciba ó Oviedo Booling (12:30h).