30 de outubro de 2025
Os pases, como na OK Liga, contan con ata tres prezos diferentes dependendo da idade do afeccionado.
Comeza a WSE Champions League dentro da súa Fase de Grupos. A primeira xornada implicará para o Liceo a visita do Oliveirense ó Pazo dos Deportes de Riazor, nun encontro para o que toda a afección verdibranca está citada. A data está marcada: as 20:30h do xoves 6 de novembro.
Os pases para o encontro xa se atopan á venda de forma online mediante a plataforma Cluber. Tamén se poderán adquirir físicamente nas taquillas de Riazor, que abrirán desde unha hora antes do asubío inicial (19:30h). O custo do pase será o mesmo independentemente do xeito do que se merque e haberá tres diferentes, dependendo da idade do afeccionado:
- ADULTO: 7€
- MENOR DE 25 ANOS: 5€
- MENOR DE 15 ANOS: 3€
A modalidade de entrada revisarase á hora de acceder ó recinto. Non se permitirá a mesma en caso de non cadrar coa idade real da poseedora do pase.
Socios e abonados gratis
Los socios del Liceo podrán entrar gratis a Riazor enseñando el código QR de su carnet. Vale tanto de forma digital como impresa. Lo mismo ocurre con los abonados provenientes del Real Club Deportivo y que pagaran el suplemento de 5€, que en ese caso deberán mostrar el carnet que demuestre dicha condición.
Portas abertas para os máis pequenos
Un curso máis, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das dúas condicións descritas na imaxe desta nova. Será necesario acreditar debidamente a situación (por exemplo, vestir unha prenda do Colexio Liceo ou presentar a licencia federativa).

